RondaConecta é unha plataforma de networking áxil que organiza encontros breves por videoconferencia entre emprendedores/as e perfís colaboradores.
O seu obxectivo é aumentar a frecuencia e a calidade das interaccións no ecosistema, acurtar distancias e acelerar a aparición de sinerxías que poidan derivar en colaboracións ou acordos estratéxicos.
Tes un proxecto (incipiente ou en marcha) e queres contrastar ideas, atopar socios/as ou colaboradores en cuestión de minutos.
Buscas implicarte nun proxecto achegando coñecemento (produto, deseño, desenvolvemento, márketing, operacións…). Aquí coñeces equipos e retos reais sen burocracia.
O funcionamento da plataforma é sinxelo, áxil e 100% dixital:
Persoas con perfil emprendedor ou técnico/colaborador, maiores de idade e con interese en proxectos de emprendemento en Galicia
Si. A participación non ten custo nin anuncios.
Recomendamos ter unha descrición breve do proxecto ou intereses, dispositivo con cámara/micrófono e un espazo tranquilo para as videoconferencias.
Son conversas breves de 7 minutos para avaliar encaixe e decidir se continuar a conversa fóra da plataforma. Cando termines co primeiro emparellamento, a plataforma che volvera a re emparellar con outro emprendedor e comezan outros 7 minutos.
Podes inscribirte noutra xanelas dispoñibles máis adiante.
Se tes calquera dúbida ou problema técnico podes poñerte en contacto a través deste correo: rondaconecta@dpiestrategia.com
Validaremos a túa solicitude nun prazo breve e enviarémosche un correo cos seguintes pasos.